Non é ouro todo o que reloce. Mitos da alimentación que debes coñecer

Ben sexa por falta de información, pola normalización de certas condutas que nunca foron cuestionadas ou por argalladas que medraron cada vez máis entre a sociedade, a nutrición é un campo do coidado da nosa saúde moi exposto aos falsos mitos. Como demostración, neste blog ímosche contar algúns que, de seguro, che son familiares:

“Beber un vaso de auga con limón no xaxún axuda a adelgazar, depurar e fortalece o noso sistema inmune” FALSO

A auga con limón non posúe ningunha das propiedades que afirma este mito. Se mudamos un almorzo completo e saudable por un vaso deste líquido é evidente que imos adelgazar, pero non polas capacidades do cítrico, senón pola falta de alimento, unha maneira moi pouco saudable de perder peso. Do mesmo xeito, non está demostrado que preveña contra doenzas como o catarro.

“Comer hidratos á hora da cena engorda máis” “Comer pola noite fai que subamos máis rápido de peso” FALSOS

O feito ao que fan referencia as persoas que perpetúan estas falsas crenzas é que polas noites apenas queimamos calorías, pero o certo é que si que o facemos. Nin os carbohidratos nin ningunha comida en xeral engordan máis a unha determinada hora do día, simplemente debemos ter coidado coa calidade dos hidratos e as proporcións que inxerimos respecto aos outros alimentos.

“Unha copiña de viño ao día é beneficioso para a saúde” FALSO

Este mito é case unha relixión para moitas persoas, unha regra que hai que seguir todos os días. Con todo, o certo é que ningún consumo de alcohol, por moderado que sexa, pode chegar a ser beneficioso, estando relacionado coa aparición de certos tipos de cancro.

“O consumo de ovos pode ser prexudicial para o corazón” FALSO

Durante moito tempo pensouse que o ovo estaba estreitamente relacionado con doenzas cardiovasculares debido ao aumento que producía no noso nivel de colesterol. Estudos recentes demostraron que, lonxe de supoñer un risco similar, é un alimento moi beneficioso e con moitos valores nutritivos. Malia iso, cos ovos, como con todos os alimentos, tamén debemos controlar a frecuencia coa que os consumimos.

“Consumir moito sal engorda” FALSO

O sal non implica un aumento de calorías nos nosos pratos, pero si está relacionado coa retención de líquidos, o que pode crear o efecto de que subimos de peso. Polo tanto, non, o sal non fai que engordemos, pero tampouco resulta un alimento moi beneficioso, xa que supón un risco para a nosa presión arterial. O recomendable será un consumo moi moderado.

Seguro que con estes mitos xa desmentidos podes comezar a cambiar os teus hábitos de alimentación para coidar dunha forma máis consciente da túa saúde. Con todo, contar co apoio dunha persoa profesional que nos guíe resulta fundamental, na área de nutrición de García e Lestón sabémolo ben.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *