Exercicio para todos/as! Ti tamén podes prepararte para este verán grazas ao adestramento funcional
Moita xente relaciona facer exercicio, estar en forma e levar unha vida saudable unicamente con ir ao ximnasio e utilizar a maquinaria específica para cada grupo muscular. Existen moitas disciplinas que fortalecen e tonifican o noso corpo de forma xeral sen necesidade de crear rutinas separadas para cada zona que queiramos activar. Unha das modalidades que se converteu na máis coñecida e seguida pola súa efectividade e a adaptación a todo tipo de persoas é o adestramento funcional.
O adestramento funcional é unha disciplina que ten como finalidade mellorar a motricidade do noso corpo -é dicir, a capacidade de controlar os nosos movementos-. Para iso, realízanse exercicios que nos axuden a desempeñar tarefas do noso día a día sen problema, á marxe da nosa condición física, nivel ou idade.
Así, as rutinas adáptanse en intensidade e dificultade á persoa que as vaia a realizar. Nesta modalidade, a figura do/a adestrador/a é esencial para asignar unha táboa adecuada a cada caso.
Por outra banda, os exercicios desta disciplina están pensados para que todas as partes do noso corpo traballen xuntas e non de forma illada, buscando activar e fortalecer todos os músculos a través da imitación de movementos habituais como, por exemplo, saltar, subir escaleiras, levantar peso, etc.
Outros factores que destacan son a non utilización de maquinaria específica para os exercicios -polo que podemos practicalo onde nós queiramos- e o tempo que ocupan estas sesións, inferior aos 60 minutos na meirande parte dos casos.
Os beneficios que acompañan a esta disciplina son múltiples:
- Incrementa o equilibro e a coordinación
- Reduce a dor de costas
- Prevén as lesións
- Achega melloras na velocidade e axilidade do movemento.
- Axuda á perda de peso
- Mellora a nosa saúde en xeral, favorecendo aos nosos sistemas respiratorio, cardiovascular, dixestivo e inmunolóxico.
En García e Lestón contamos con grupos de adestramento funcional dirixidos polos/as mellores profesionais, que adaptarán cada exercicio ao teu nivel, obxectivos e necesidades. Contacta connosco sen compromiso!