Síndrome posvacacional. Aprende a manexala no traballo

Síndrome posvacacional. Aprende a manexala no traballo

Uns días libres coa familia, de turismo, na praia… Todo é relaxado ata que, de súpeto, volvemos ao traballo. De novo tornan as rutinas, o mesmo horario todos os días, as tarefas sen facer, etc. Se despois dunhas vacacións sentes que estás triste e sen motivacións por volver ao posto de traballo, estás a sufrir a coñecida como síndrome posvacacional.

Unha boa forma de recoñecer que estamos a padecer esta síndrome é ser conscientes dos efectos que provoca no noso corpo e na nosa mente: cansazo, dor muscular, perda de apetito e de concentración, falta de sono ou irritabilidade.

Ditos sentimentos tenden a desaparecer cando nos habituamos de novo á rutina, proceso que pode tardar de 2 a 21 días. Con todo, hai ocasións nas que esta síndrome pode derivar en doenzas psicolóxicas graves como un trastorno de ansiedade ou depresión. No blog de hoxe ofrecémosche unha serie de consellos para poder tratar con este estrés posvacacional:

  • Regresa das túas vacacións uns días antes de comezar a traballar: desta forma poderás habituarte ao regreso á normalidade co tempo suficiente.
  • Recupera o teu horario de sono de xeito anticipado: o común durante as vacacións é alterar as nosas horas de sono, polo que é recomendable regular o horario de descanso uns días antes de comezar o traballo.
  • Aproveita o tempo libre para realizar exercicio ou actividades de ocio: gozar dos pequenos momentos, quedar con persoas amigas ou volver adestrar (sempre de forma progresiva) axudaranos a liberar gran parte do estrés.
  • Planifica a túa axenda laboral: organiza o teu día traballando primeiro no prioritario e propoñéndote obxectivos realistas.
  • Regula o consumo de cafeína: pode aumentar a sensación de estrés ou ansiedade.

Con todo, existen unha serie de perfís entre os e as traballadoras que son máis propensos a padecer de estrés no entorno laboral e, polo tanto, a sufrir desta síndrome cando regresan das súas vacacións, son persoas que:

  • Planifican e controlan de forma excesiva todos os detalles das túas tarefas.
  • Senten un medo constante por cometer erros.
  • Revisan numerosas veces os seus labores para comprobar que estean ben.
  • Teñen pensamentos negativos e catastróficos

Agora xa coñeces as chaves para poder superar da mellor forma posible esta síndrome posvacacional, pero recorda que se este sentimento perdura no tempo, debes contar con axuda psicolóxica. En García e Lestón dispoñemos do mellor equipo profesional para coidar da túa saúde mental e axudarche a superar o estrés do traballo.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *