Que a tendinite non sexa máis un contratempo. Apóiate na fisioterapia

Algunha vez saíches a correr e, ao pasar as horas, tiñas unha forte dor no talón de Aquiles? Fixeches un gran esforzo levantando peso e dóeche o brazo? Realizas traballos físicos e cústache mover unha parte do corpo que utilizas a diario? É posible que teñas unha tendinite nalgunha extremidade ou articulación. Non te preocupes, pode pasar en moitas ocasións se realizamos algún tipo de actividade física nunhas condicións que non son as adecuadas ou cun equipo e vestimenta incorrectos.

En resumo, unha tendinite é unha inflamación ou irritación dun tendón. Prodúcese pola repetición excesiva dun movemento, como nos pode pasar se o noso traballo consiste en accións reiteradas e constantes, como a limpeza, ou por unha mala realización do mesmo. Levar a cabo unha técnica incorrecta pode sobrecargar o tendón e isto fai que teñamos unha tendinite.

Que podemos sentir ao sufrir este tipo de doenza muscular? Que o diferenza das maniotas? A tendinite presenta unhas características comúns para todas aquelas persoas que a sofren:

  • Dor xorda, principalmente ao mover a extremidade ou articulación afectada

  • Sensibilidade na zona

  • Inchazo

  • Perda de forza

  • Posibilidade de que aparezan hematomas

  • Rixidez á mañá

  • Dor intensificada en repouso

Un gran xeito de poñerlle fin a esta doenza tan molesta e limitadora é mediante a fisioterapia. Na gran maioría dos casos, a inflamación trátase con terapia manual, pero pódese chegar a complementar con punción seca ou cun tratamento de ondas de choque. Ademais, a persoa profesional que nos atenda poderá pautarnos unha serie de exercicios e estiramentos para fortalecer os nosos músculos e, desta forma, reducir o malestar físico.

Ademais, a fisioterapia facilita a recuperación da mobilidade e fortalece o tendón e as zonas próximas a este. Desta forma, a probabilidade a recaer neste tipo de lesións nesa zona xa curada redúcese, debido ao exercicio que realizamos previamente. En García e Lestón contamos cun equipo de fisioterapia formado polas mellores persoas profesionais que che axudarán a poñerlle fin ás túas doenzas da forma máis axeitada para ti.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *