Onde caben dous caben tres: quecemento, adestramento e volta á calma

De seguro que algunha vez comezaches a practicar deporte sen facer un quecemento previo. Estes exercicios resultan de moita importancia non só para evitar lesións, senón tamén para facer da actividade física algo máis efectivo e obter dela mellores resultados. Sorprendentemente, a pesar dos evidentes beneficios que trae consigo o quecemento e a volta á calma, é algo que moitas persoas deixan de lado no seu día a día. No blog de hoxe ímosche explicar por que iso é un erro que debes solucionar canto antes.

Para comezar, imos deixar as cousas claras. Chamamos quecemento ao conxunto de exercicios que realizamos durante 15-30 minutos antes da actividade física e que preparan ao noso organismo para o esforzo que está a piques de realizar.

Que nos achega o quecemento?

  • Aumenta a nosa frecuencia cardíaca e respiratoria.
  • Mellora a nosa flexibilidade e resistencia.
  • Fai que chegue máis osíxeno á nosa musculatura.
  • Incrementa a elasticidade e a capacidade e forza de contracción dos músculos.
  • Facilita a coordinación dos nosos movementos.
  • Axuda a controlar o estrés e a ansiedade que podemos sentir nos momentos previos a unha competición.

Sempre debemos quecer de forma progresiva, aumentando a intensidade a medida que o noso corpo se vai poñendo a punto. Así pois, é importante que, nun primeiro momento, nos centremos en exercitar as nosas articulacións. De seguido, exercicios de estiramento para os nosos músculos e cardio para aumentar as nosas pulsacións.

Que consecuencias negativas pode ter non quecer? A máis evidente e o aumento do risco de sufrir lesións nas nosas articulacións, pero as fracturas e os desgarres musculares tamén poden supoñer un factor a ter en conta. Por outra banda, e como che adiantabamos antes, o benestar psicolóxico tamén se ve beneficiado polo quecemento, aumentando a nosa concentración e motivación.

Con todo, a volta á calma despois da nosa sesión de deporte é tan fundamental como un quecemento. Para axudar ao noso corpo a arrefriarse deberemos realizar unha serie de actividades nas que a intensidade sexa decrecente. Por exemplo, se estamos correndo, para finalizar é recomendable non parar en seco e ir diminuíndo o noso ritmo ata chegar a unha velocidade na que poidamos camiñar. Deste xeito baixaremos a nosa frecuencia de pulsacións e evitaremos posibles dores musculares.

Agora xa sabes todo o que tes que realizar antes e despois de cada sesión de exercicio para que as lesións non sexan unha dor de cabeza constante. En García e Lestón temos ao mellor equipo nas nosas áreas de fisioterapia e adestramento para que o quecemento e a volta a calma non sexan unha incógnita para ti nunca máis.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *