Falta de motivación? Adestra en compañía

Sabémolo, facer exercicio pode chegar a ser unha tarefa non moi doada para moitas persoas que non acostumen a estar en movemento ou que non teñan unha vida moi activa. Se comezar a practicar deporte xa pode ser complicado, manternos constantes nesa empresa ao longo do tempo pode selo aínda máis. Con todo, existen moitas chaves para ver a actividade física dun xeito máis atractivo e hoxe ímosche falar dunha ben interesante, a compañía.

Cando adestramos sos/soas é común que a nosa motivación se vexa reducida pouco a pouco ao non contar cunha persoa ao carón que nos empurre a continuar coa nosa rutina cando o ánimo está polo chan. E é que ao facer exercicio en parella ou en grupo créase unha dinámica na que uns membros apoian aos outros.

Do mesmo xeito, e en relación á motivación, a actividade física en compañía doutras persoas tamén potenciará a nosa competitividade. Quen non quixo nunca comprobar se aguanta unhas repeticións máis que o seu amigo ou amiga ou se chega en primeiro lugar á meta nunha carreira? Esta competición sa entre compañeiros e compañeiras fará do deporte unha actividade moito máis divertida e reconfortante.

Pola súa banda, practicar un deporte en grupo como o fútbol ou o baloncesto tamén nos proporciona moitos beneficios a nivel social e mental. Traballar en equipo, comprender as necesidades e as virtudes da persoa que temos ao noso carón, desenvolver a capacidade de liderado ou saber cando apoiarnos nos demais son aspectos que vemos potenciados grazas á cooperación que require este tipo de actividades.

Ademais, adestrar en compañía é un bo xeito de coñecer a xente, ampliar as nosas relacións ou mesmo de crear novos vínculos no noso día a día. Xuntarse con outras persoas especificamente para facer deporte pode resultar de moita axuda para aqueles/aquelas ás que lles custe relacionarse, favorecendo a integración, o sentimento de pertenza a un grupo e incluso mellorando a autoestima.

Como podes comprobar, o exercicio en grupo é unha gran ferramenta para combater a preguiza e pasar un momento entretido mentres te mantés activo/activa. Non hai escusas para deixar de lado o adestramento sen loitar polas nosas metas, e en boa compañía o resultado está garantido. En García e Lestón contamos con clases grupais para que goces da actividade física ao carón doutras persoas, cumprindo coas medidas sanitarias e da man do mellor equipo de profesionais.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *