Este Nadal regala saúde e fisioterapia

Xa mercaches o detalle para o típico amigo invisible destas datas? E os agasallos para a familia? Se algo nos ensinou o COVID-19 é que a saúde e o benestar propio e tamén dos nosos é o máis importante. Por que non transformalo nun obsequio para rematar o 2020 do mellor xeito posible?

Se lle estás a dar voltas a esta idea non sigas! Temos o que precisas: as tarxetas de regalo de García e Lestón están pensadas para xente coma ti, á que lle gusta dar na diana xusto co que precisa cada un. Elixe entre as sesións de nutrición, fisioterapia, masaxes, adestramento persoal, psicoloxía… todas elas nunha mesma tarxeta. Ponlle o nome que queiras, engade os servizos que máis se adapten á persoa afortunada e todo listo para acertar!

Por que regalala? Principalmente polo que supón: nun primeiro momento pode que non lle prestemos especial atención ao noso benestar, pero sempre agradecemos unha sesión de fisioterapia despois dunha semana longa, aprendizaxes de nutrición para comezar a comer un pouco mellor, ou ter un pack de adestramentos que nos incentive co propósito de ano novo que nos marcamos cada 31 de decembro.

E isto non é todo, tamén é un agasallo dobre: ademais de sorprender aos teus seres queridos, poderás sentirte ben contigo mesmo ao compartir a súa felicidade.

Dámoscho case todo feito, só falta que veñas personalizar as túas tarxetas, podes elixir tantas sesións como queiras e combinar unhas áreas con outras, as opcións son infinitas. Por exemplo, regalar unha tarxeta ‘post-nadal’ ou de ‘operación bikini’ canda sesións de nutrición e adestramento persoal pode ser unha moi boa opción.

Ou que che parece se te decantas por un “kit de supervivencia para un confinamento”? Nel podes incluír servizos como psicoloxía (para afrontar os cambios), nutrición (para aproveitar o tempo e intentar cambiar algúns hábitos), adestramento … Adaptarémonos!

Ben o sabes, en García e Lestón dámosche a clave para acertar este Nadal: saúde, benestar e fisioterapia. Cunha única tarxeta terás as portas abertas á comodidade, á felicidade, ao pracer, á enerxía… A pelota está no teu tellado, non a deixes escapar!

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *