Día Mundial do Dietista – Nutricionista: Mitos e Realidades

Este martes é o Día Internacional do Dietista-Nutricionista, e que menos que dedicarlle unha entrada para pór en valor unha serie de aspectos moi estendidos que distorsionan a realidade sobre esta profesión desvalorizándoa e rodeándoa de mitos.

Primeiro de todo, é importante que deixemos claro o que non é un dietista-nutricionista. Non é alguén que che axude na “operación bikini” deste ano. Non é alguén que che venda pastillas nin suplementos. Non é alguén que fai o seu traballo igual para calquera paciente, independentemente da idade, estatura ou hábitos. Non é alguén que che axude a conseguir unha rápida perda de peso. Non é alguén quen che di o que é bo ou malo, senón en que cantidades … Abraiado? Ben, pois aínda non o sabes todo.

Poñamos en valor os tipos de nutricionistas que podemos atopar: en función da clase da que se trate, terá unhas funcións ou outras:

  • Nutricionista clínico/a. Cantas veces escoitamos falar de que as mulleres embarazadas non poden consumir determinados alimentos? Ou esa “dieta branda” para cando o noso estómago está en folga? Este/a profesional adaptará a dieta das persoas segundo as súas necesidades fisiolóxicas, persoais, socioeconómicas, relixiosas e culturais.
  • Nutricionista en saúde pública ou comunitaria. Céntrase na prevención e promoción da saúde baseada na alimentación coa adopción de xeito sostido de hábitos saudables.
  • Nutricionista en restauración colectiva. Encárgase de formar ao persoal de servizos de alimentación sobre seguridade alimentaria, planificar menús ou avaliar o balance nutricional do subministro de alimentos.
  • Nutricionista na industria. Encárgase da innovación de produtos e do márketing social ao seu redor.
  • Ensino nutricionista. A moitos de nós de seguro que nos gustaría ter recibido unha boa charla sobre comer e ter un estilo de vida saudable, pois el ou ela sería o encargado ou encargada de impartila.
  • Nutricionista investigador/a. Promove os estudos científicos na área da alimentación, nutrición e saúde.

Agora xa o sabes, os/as dietistas-nutricionistas non van pór en risco a túa saúde co fin de que perdas uns quilos antes do verán e tampouco se van lucrar coa venda de alimentos inadecuados. Axudaranche a romper todos eses mitos que rodean a comida e ensinaranche hábitos alimentarios que farán o teu día a día moito máis saudable. Achégate ao Centro integral de saúde e benestar García e Lestón e axudarémosche a romper con todos os teus estereotipos e, o que é aínda máis importante, a adquirir unhas rutinas para sempre.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *