A SÍNDROME DE HAGLUND: CONTA COA FISIOTERAPIA PARA O SEU TRATAMENTO

Segundo a mitoloxía grega, o talón de Aquiles era a súa única debilidade a pesar do seu incrible poder e, malia que as historias dos gregos non eran máis que ficción, temos a certeza de que esta zona é moi sensible.

Nesta parte do corpo con tanta historia podemos padecer unha doenza que quizais é algo descoñecida: a Síndrome de Haglund. Esta afección vén dada polo aprisionamento tendino-bursal posterior do talón, que causa unha dor importante na zona cando se realiza calquera actividade física.

Polo xeral, esta molestia prodúcese naquelas persoas que practican un deporte de impacto como pode ser correr, fútbol ou esquiar dunha forma profesional. Non obstante, pode chegar a orixinarse polo uso recorrente de calzado inadecuado e apertado, así como tacóns, ter o pé cavo ou pola presión do tendón de Aquiles debido á contracción continua de sóleo e xemelgos.

Con maior frecuencia, esta síndrome produce unha molestia na zona traseira do talón, onde se atopa o tendón de Aquiles, que se incrementa con actividades tan simples e necesarias no día a día como camiñar ou baixar unhas escaleiras. No caso das actividades deportivas de maior intensidade, esta lesión fai imposible a realización do exercicio a causa da dor. Polas mañás, e tras os descansos, son notables os síntomas que, xeralmente, se resumen en inflamación do talón e da pel da zona, doenza e flexión dorsal dolorosa pola fricción do tendón de Aquiles sobre o calcáneo.

Como podemos tratar a Síndrome de Haglund? A través da fisioterapia. As persoas profesionais deste campo utilizan a combinación de varias tecnoloxías, xunto cun estudo personalizado do caso de cada persoa coa doenza.

En primeiro lugar, pódese utilizar Electrólise Percutánea Intratisular, unha técnica que aplica unha corrente galvánica a través dunha agulla que provoca un proceso inflamatorio local e que permite a reparación do tecido brando. Outra opción é utilizar ondas de choque que, coa enerxía que producen, promoven a rexeneración e os procesos de reparación do tendón, diminuíndo así o inchazo e as dores crónicas. Coa laserterapia prodúcese un aumento de vasodilatación, aportando nutrientes celulares que aceleran a rexeneración. Por último, pódense aplicar exercicios físicos terapéuticos con idea de recuperar a mobilidade e a forza total da zona de forma guiada e individual.

A fisioterapia é fundamental para a recuperación das distintas lesións que podemos chegar a padecer durante a nosa vida, sexan momentáneas, coma pode ser unha escordadura, ou máis complexas coma esta síndrome de Haglund. En García e Lestón contamos co mellor equipo de persoas profesionais dentro do mundo da fisioterapia para afrontar calquera das túas doenzas físicas.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *