Dous cerebros no teu corpo: a relación entre a psicoloxía e o Sindrome de Intestino Irritable
Algunha vez estiveches sometido/a a moito estrés e iso repercutiu na túa saúde intestinal? O certo é que existe unha relación entre o cerebro e este aparello, o cal se coñece como “o segundo cerebro” pola gran cantidade de neuronas que contén e que recollen información sobre o estado do organismo.
Nos últimos anos abríronse investigacións sobre as posibles consecuencias que ten a nosa saúde mental sobre enfermidades intestinais, unha das máis estudadas foi a Síndrome do Intestino Irritable (SII). Este trastorno caracterízase polas manifestacións crónicas ou recorrentes de dor abdominal e cambios na evacuación de feces, con diarrea, estrinximento ou ambos.
Esta afección conta cunha elevada incidencia na poboación e, a pesar diso, aínda non se coñece a causa exacta do seu desenvolvemento. Grazas aos avances das investigación neste campo, afirmouse que as emocións afectan o noso corpo.
Un estudo xenético internacional, coliderado polo centro vasco de investigación CIC bioGUNE, decidiu probar esta teoría coa Síndrome do Intestino Irritable e, malia que non atopasen feitos que demostrasen que os trastornos psicolóxicos como a ansiedade causasen síntomas desta enfermidade ou viceversa, si que atoparon unha estreita relación.
Na súa investigación descubriron que os xenes asociados cun maior risco da enfermidade de SII exprésanse predominantemente no tecido cerebral ou nos nervios dentro do intestino que reciben as sinais do cerebro. Ademais, tamén atoparon que a mesma composición xenética que pon ás persoas en maior risco de SII, aumenta o risco de trastornos comúns do estado de ánimo (ansiedade, depresión, etc.).
Deixando ao carón o estudo, é certo que moitos/as pacientes con este e outros problemas dixestivos empeoran os seus síntomas durante períodos de estrés. Cando os/as afectados/as están a vivir esta situación, fan cambios nos seus hábitos -alimentación, soño, relacións sociais, etc.- que non só afectan á enfermidade, senón que tamén empeoran a súa calidade de vida.
A xestión das emocións neste caso é un factor chave que pode axudar aos pacientes na súa convivencia cos trastornos psicolóxicos. En García e Lestón contamos cun equipo de profesionais da psicoloxía que che ofrecerán os recursos e estratexias necesarias para axudarche a mellorar as túas habilidades de afrontamento e xestión das emocións, promovendo unha mellora continuada da túa calidade de vida e benestar. Non o dubides máis e contacta connosco sen compromiso!