Fisioterapia, a solución dos teus esvaróns

Na pantalla e fóra dela, estes días ninguén fala doutra cousa: as redes sociais e os medios de comunicación enchéronse de imaxes de cidades que, contra todo prognóstico, se atopan cheas de neve. E con todas estas nevadas inesperadas chegaron tamén os vídeos con algún que outro escorregón.

En Galicia vimos tamén importantes xeadas, así que todo isto lévanos a pensar inevitablemente nunha das nosas áreas: a fisioterapia, unha disciplina básica nestes casos.

Frío ou calor? Repouso ou movemento? Hai preguntas que só pode contestar un especialista e, como sabes, unha caída pode quedar nunha simple anécdota ou, pola contra, supoñer algo máis grave: mazaduras, luxacións ou mesmo fracturas.

Cando acodes a un especialista, coma os que temos na área de fisioterapia do Centro Integral García e Lestón en Arteixo ou na sede do Club do Mar de San Amaro en A Coruña, realizaremos un primeiro exame no que valoraremos os danos e estipularemos cal será o proceder para solucionar o teu problema.

Poderías caer no erro de pensar que cando non se produce unha rotura de ósos a lesión deixa de ser grave, mais o certo é que este tipo de doenzas poden ser moito máis nocivas para o corpo.

A forma de actuar, coma en todo, varía en función do golpe e máis do paciente, co que podemos aplicar diversas alternativas:

 

  • Rehabilitación de distintas zonas do corpo.
  • Exercicios que contribúan á mobilidade ou o fortalecemento do lugar afectado.
  • Masaxes terapéuticas.
  • Estiramentos.

 

E ollo, porque a tentadora frase “Non fago máis os exercicios que me mandou o meu fisioterapeuta porque xa estou ben” é un erro total.

Se xa nos coñeces saberás que somos partidarios desa filosofía de que vale máis previr que curar, así que lembra que hai unha área da fisioterapia que se ocupa da prevencións das caídas, sobre todo en persoas maiores.

Nelas, o primeiro paso será realizar unha avaliación do risco para continuar cos exercicios personalizados de cada paciente, nos que, sobre todo, se traballa o equilibrio e a coordinación, realizando ademais adestramento de forza, resistencia ou movemento articular.

En García e Lestón non queremos que unha caída, e moito menos debido a Filomena, poida arruinar o túa día a día. Por esta razón, contamos con especialistas en nutrición, fisioterapia, psicoloxía ou adestramento que farán que nada te pare… nin Filomena, nin as nevadas nin as xeadas.

 

Non deixes que este Nadal che regale uns quilos de máis

Como te estás portando estes días de excesos de Nadal? Esperamos que ben, que logo custa aínda máis volver á rutina! No anterior artigo do blog xa che deixamos consellos relativos a manter unha dieta máis saudable durante todas as festas e agora queremos completar a lista con claves para manterte máis activo.

Non só é importante que vixíes a túa alimentación, senón que te exercites fisicamente para non perder a forma e, como non, para “compensar” as comidas copiosas destas datas, evitando un posible aumento de peso.

Toma nota destes consellos para coidar o teu corpo durante este treito final do Nadal:

  1. Establece unha rutina diaria e deseña o teu propio calendario. Marca o exercicio na axenda como se fose unha tarefa máis, así quererás cumprilo. Non tes que facer un adestramento igual de esixente todos os días, pero cumpre con todo o que te comprometas. Por exemplo, podes establecer un exercicio máis completo 3 días á semana (camiñar, cardio, forza e estiramentos).
  2. Cumpre coa camiñada diaria. O que si debes todos os días, sexan de festa ou non, é saír a camiñar durante unha hora a bo ritmo. Convida á túa parella, un amigo ou familiar para que se che faga máis ameno. Iso si, sempre con máscara! E se o podes facer pola natureza mellor. Isto non só che permitirá manter a forma, senón que che virá moi ben para desconectar e coidar a túa saúde mental. 
  3. Reforza o teu cardio. Sabemos que non é apto para todas as persoas, sobre todo se aínda estás comezando nisto do deporte, pero, sempre que o teu estado físico cho permita, nesa andaina podes correr algúns intervalos de 2 minutos, alternándoos co paseo. Tamén o podes facer se tes cinta na casa.
  4. Fai exercicios de forza. Completa a rutina con pranchas para fortalecer o abdome, flexións, pesas para brazos, sentadillas
  5. Realiza estiramentos. Non te esquezas deles para completar a túa rutina. Dedícalles cando menos 15 minutos cada día para mellorar a túa flexibilidade e a mobilidade das articulacións. Ademais, estarás contribuíndo a reducir o estrés.

Un dos propósitos máis repetidos cada ano que comeza é perder peso, verse mellor fisicamente ou poñerse en forma. Compartes algún deles? Pois para este 2021 xa non hai escusa! En Centro de Saúde e Benestar García e Lestón Fisioterapeutas en Arteixo (A Coruña) contamos cun servizo de adestramento persoal para axudarche a cumprir os teus obxectivos. 

Este Nadal, nin te pases nin te cortes

Este Nadal, nin te pases nin te cortes

Na véspera de Noiteboa seguramente xa teñas planificada a cea dese día e a comida de Nadal. Son días de preparacións máis coidadas, mariscos, peixe, carnes e, por suposto, os doces típicos nas longas sobremesas. Desta vez non imos marcarche o menú, pois estas festas están para gozar da familia, aínda que neste atípico Nadal sexamos menos á mesa, e da gastronomía. 

Dende o Centro de Saúde e Benestar García e Lestón Fisioterapeutas queremos que nin te pases, nin te cortes. Simplemente desexamos que estes días, e sempre, teñas unha relación sa coa comida, permitíndote gozar dun menú especial sen remordementos. Se non hai contraindicación médica, podes comer de todo con moderación, que o importante é buscar o equilibrio entre saúde física e mental!

Toma nota destes consellos para gozar dun Nadal máis saudable:

  1. Planifica o calendario e as comidas da festa. Marca os días que vas ter comidas copiosas e asume que eses días podes excederte mentres que o resto xa sabes que non. Tamén che recomendamos que organices ben as comidas deses días para que merques os produtos xustos e non queden sobras que te sintas obrigado a comer os días que non son de festa.
  2. Come amodo. Sé consciente mentres inxires alimentos e saborea cada bocado. Goza do sabor, da textura, dos aromas… Ademais, mastigando amodiño recoñecerás facilmente a sensación de saciedade. En cambio, se devoras rápido acabarás consumindo máis cantidade da recomendada.
  3. Modera o consumo de alcol. Non che vai facer mal un brinde con champaña nin unha copa de viño, mais controla a cantidade. É conveniente que só acudas a el nas ocasións especiais.
  4. Bebe moita auga. É importante consumir ao menos un litro e medio de auga ao día para manter o corpo hidratado. Ademais, será a nosa aliada para eliminar toxinas estes días!
  5. Controla o consumo de azucre. Sabemos que é difícil evitalo nestas festas pero convidámoste a consumir os doces de Nadal só nos días sinalados: Noiteboa, Nadal, fin de ano e Reis. Que che parece? Un pouco turrón e uns bombóns abondarían. Non fagas máis sobremesas (ou corres o risco de que che sobren para máis días).
  6. Realiza exercicio moderado. Todos os días, incluídos os sinalados como festa no calendario, mantén unha rutina de exercicio. Se non es unha persoa moi activa, cando menos sae a pasear durante unha hora.

Queres empezar o 2021 aprendendo a comer saudable? Precisas cambiar de hábitos? En Centro de Saúde e Benestar García e Lestón Fisioterapeutas en Arteixo (A Coruña) contamos cun equipo de nutrición para asesorarte. Pide cita e comeza a sentirte mellor. Non hai mellor plan para despedir este 2020! 

Este Nadal regala saúde e fisioterapia

Xa mercaches o detalle para o típico amigo invisible destas datas? E os agasallos para a familia? Se algo nos ensinou o COVID-19 é que a saúde e o benestar propio e tamén dos nosos é o máis importante. Por que non transformalo nun obsequio para rematar o 2020 do mellor xeito posible?

Se lle estás a dar voltas a esta idea non sigas! Temos o que precisas: as tarxetas de regalo de García e Lestón están pensadas para xente coma ti, á que lle gusta dar na diana xusto co que precisa cada un. Elixe entre as sesións de nutrición, fisioterapia, masaxes, adestramento persoal, psicoloxía… todas elas nunha mesma tarxeta. Ponlle o nome que queiras, engade os servizos que máis se adapten á persoa afortunada e todo listo para acertar!

Por que regalala? Principalmente polo que supón: nun primeiro momento pode que non lle prestemos especial atención ao noso benestar, pero sempre agradecemos unha sesión de fisioterapia despois dunha semana longa, aprendizaxes de nutrición para comezar a comer un pouco mellor, ou ter un pack de adestramentos que nos incentive co propósito de ano novo que nos marcamos cada 31 de decembro.

E isto non é todo, tamén é un agasallo dobre: ademais de sorprender aos teus seres queridos, poderás sentirte ben contigo mesmo ao compartir a súa felicidade.

Dámoscho case todo feito, só falta que veñas personalizar as túas tarxetas, podes elixir tantas sesións como queiras e combinar unhas áreas con outras, as opcións son infinitas. Por exemplo, regalar unha tarxeta ‘post-nadal’ ou de ‘operación bikini’ canda sesións de nutrición e adestramento persoal pode ser unha moi boa opción.

Ou que che parece se te decantas por un “kit de supervivencia para un confinamento”? Nel podes incluír servizos como psicoloxía (para afrontar os cambios), nutrición (para aproveitar o tempo e intentar cambiar algúns hábitos), adestramento … Adaptarémonos!

Ben o sabes, en García e Lestón dámosche a clave para acertar este Nadal: saúde, benestar e fisioterapia. Cunha única tarxeta terás as portas abertas á comodidade, á felicidade, ao pracer, á enerxía… A pelota está no teu tellado, non a deixes escapar!

Nadal 2020. Por que non ía brillar?

Chega o Nadal, unha época do ano na que as emocións están a flor de pel, moitas delas positivas como os reencontros, as rúas engalanadas coa maxia do Nadal, as ceas e sobremesas inmellorables ou os nenos gozando coa mellor das ilusións. Pero tamén é certo que notamos os ocos baleiros: aqueles que xa non están ou cos que non nos podemos xuntar polas circunstancias.

Pero somos persoas que nos adaptamos, xa o fixemos unha vez en marzo e agora o repetirémolo: distancia, illamento, grupos pequenos… poñendo da nosa parte podemos facer fronte ás situacións máis complexas e incluso enriquecernos no camiño. Hoxe dende a área de psicoloxía do Centro de Saúde e Benestar García e Lestón queremos achegarvos algunha recomendación que convide a ese cambio de mirada, a pór o foco na parte positiva e dar un paso máis que rompa coas propias barreiras mentais, permitindo gozar da situación que virá e poder combater o sufrimento emocional facendo que este nadal non deixe de brillar:

  • Acepta a situación actual que estamos a vivir. Asimila a realidade e non crees expectativas en base aos desexos ou crenzas individuais.
  • Intenta anticiparte mentalmente ás circunstancias para poder transmitirlle información a nenos, persoas maiores, adolescentes…
  • Autocoñecemento e aprendizaxe: reflexiona sobre os propios avances persoais.
  • As celebracións íntimas son unha moi boa opción. Goza daquelas persoas coas que si podes estar e non renuncies á esencia que para ti ten o nadal.
  • Fai deste un nadal propio e persoal, libre de esixencias e formalismos sociais. Explora que che fai sentir ben e que aspectos son para ti importantes nestas datas.
  • No caso de menores na familia, achegarlles seguridade e claridade a través da comunicación e o afecto. Fala sobre como serán estas datas, non amoses excesiva preocupación e goza do tempo en familia.
  • Esfórzate! O cambio de actitude require da nosa implicación. Así que vence a pereza e actúa, promove emocións positivas!
  • Valora os pequenos detalles: a decoración, os paseos cotiáns, as conversas cos teus seres queridos…
  • Síntete orgulloso polo esforzo de facer as cousas ben: por protexerte a ti e aos teus, polo compromiso social e pola responsabilidade que temos en todo isto.

Se a pesares destes conselliños non consegues manter lonxe o desánimo para este Nadal distinto, podes poñerte en contacto co noso servizo de psicoloxía. Que sexan unhas festas diferentes non quere dicir que vaian ser peores. Adoptar outra mirada depende de nós!

 

Nutrición: receitas de tempada para este outono

Na tarteira ou na tixola, quente ou fría… Hai moitas formas de cociñar os alimentos de tempada dun xeito saboroso e equilibrado. Así que pon o mandil que hoxe dende o Centro de Saúde e Benestar García e Lestón Fisioterapeutas traémosche unhas receitas con produtos de outono.

Caqui, kiwi, repolo vermello, chícharos, bacallau, fabas ou luras son algúns dos alimentos que recomendamos para encher a neveira. Queres arriscar un pouco esta semana na cociña? Ben, aquí traémosche dúas receitas fáciles, deliciosas e saudables.

O primeiro é unha marmelada de chía de arando, sen azucre! Grazas a ela, as mañás serán moito máis soportables. Os ingredientes son fáciles de atopar: 200 g de arandos, 2 culleiradas de sementes de chía e zume de limón.

En canto á elaboración, non che levará moito:

  1.  Lava os arandos, quéntaos nunha pota ou no microondas ata que estean brandos e móeos cun garfo.
  2. Engade o zume de limón e as sementes de chía e revolve todo durante uns minutos.
  3. Déixao repousar un par de horas ou durante a noite na neveira.
  4. Et voilà: só queda gozar!

Por outra banda, sorprende aos teus convidados con esta receita de berenxenas recheas de soia texturizada. Ingredientes: 1 berenxena, 100 g de soia texturizada empapada, 1⁄2 cebola, 4 culleres de sopa de tomate triturado (opcional), un chisco de queixo relado para gratinar (opcional), especias ao gusto, aceite de oliva virxe extra e sal.

Antes de preparar nada, prequence o forno. A partir de aí, comeza a traballar:

  1. Hidrata a soia texturizada en auga durante 10 minutos e, cando estea branda, escórrea.
  2. Corta a berenxena pola metade ao longo. Fai uns cortes na carne da berenxena e engade sal. Métea no forno durante 20 minutos a 180 graos ou no microondas uns 7 minutos á máxima potencia.
  3. Por outra banda, pela e pica unha cebola e logo frítea con aceite nunha tixola. Cando comece a ser transparente engade a soia texturizada e cociña uns minutos.
  4. Ten tino co forno! Saca a polpa da berenxena e engádea á tixola para refogar coa soia e coa cebola. Nese momento, se queres, engade o tomate triturado.
  5. Xa estamos preto do final, agora toca encher as cunchas de berenxena coa mestura e engadir un pouco de queixo relado por riba. Se queres saltar este paso, podes facelo servindo só a mestura con queixo en vez de na casca (que tamén se pode comer).
  6. Opcional: gratinar no forno ou no micro, se tes unha grella, uns minutos máis.
  7. E a xantar!

Xa ves, en García e Lestón queremos que aproveites ao máximo os produtos de tempada coas nosas particulares achegas para que non quedes sen ideas na cociña. Aproveita!

Día Mundial do Dietista – Nutricionista: Mitos e Realidades

Este martes é o Día Internacional do Dietista-Nutricionista, e que menos que dedicarlle unha entrada para pór en valor unha serie de aspectos moi estendidos que distorsionan a realidade sobre esta profesión desvalorizándoa e rodeándoa de mitos.

Primeiro de todo, é importante que deixemos claro o que non é un dietista-nutricionista. Non é alguén que che axude na “operación bikini” deste ano. Non é alguén que che venda pastillas nin suplementos. Non é alguén que fai o seu traballo igual para calquera paciente, independentemente da idade, estatura ou hábitos. Non é alguén que che axude a conseguir unha rápida perda de peso. Non é alguén quen che di o que é bo ou malo, senón en que cantidades … Abraiado? Ben, pois aínda non o sabes todo.

Poñamos en valor os tipos de nutricionistas que podemos atopar: en función da clase da que se trate, terá unhas funcións ou outras:

  • Nutricionista clínico/a. Cantas veces escoitamos falar de que as mulleres embarazadas non poden consumir determinados alimentos? Ou esa “dieta branda” para cando o noso estómago está en folga? Este/a profesional adaptará a dieta das persoas segundo as súas necesidades fisiolóxicas, persoais, socioeconómicas, relixiosas e culturais.
  • Nutricionista en saúde pública ou comunitaria. Céntrase na prevención e promoción da saúde baseada na alimentación coa adopción de xeito sostido de hábitos saudables.
  • Nutricionista en restauración colectiva. Encárgase de formar ao persoal de servizos de alimentación sobre seguridade alimentaria, planificar menús ou avaliar o balance nutricional do subministro de alimentos.
  • Nutricionista na industria. Encárgase da innovación de produtos e do márketing social ao seu redor.
  • Ensino nutricionista. A moitos de nós de seguro que nos gustaría ter recibido unha boa charla sobre comer e ter un estilo de vida saudable, pois el ou ela sería o encargado ou encargada de impartila.
  • Nutricionista investigador/a. Promove os estudos científicos na área da alimentación, nutrición e saúde.

Agora xa o sabes, os/as dietistas-nutricionistas non van pór en risco a túa saúde co fin de que perdas uns quilos antes do verán e tampouco se van lucrar coa venda de alimentos inadecuados. Axudaranche a romper todos eses mitos que rodean a comida e ensinaranche hábitos alimentarios que farán o teu día a día moito máis saudable. Achégate ao Centro integral de saúde e benestar García e Lestón e axudarémosche a romper con todos os teus estereotipos e, o que é aínda máis importante, a adquirir unhas rutinas para sempre.

O frío, artrose e artrite

Coa chegada do frío e os cambios de temperatura, aparecen tamén as dores nas articulacións. É por iso que enfermidades como a artrite ou a artrose empezan a estar á orde do día. Sabes en que se diferencian? Realmente aféctalles o frío? Como se poden tratar? Hoxe dámosche algunhas respostas.

Non é raro que as confundas de cando en vez, xa que a artrite e a artrose teñen similitudes e diferenzas. Ambas as dúas son enfermidades dolorosas que lles afectan ás articulacións e non teñen un tratamento preestablecido. Pero o certo é que son moi diferentes, sobre todo na súa orixe.

A artrite é unha inflamación que se produce na membrana  sinovial, xa sexa por unha infección, sobrepeso ou un fallo do sistema  inmunolóxico. Pola súa banda, a artrose é un proceso dexenerativo no que a cartilaxe que conecta os ósos se vai desgastando.

En canto ao frío, tamén se producen discrepancias. De verdade lles repercute a estas doenzas? Depende do caso. En persoas con artrite, non é un factor que agrave a enfermidade pero si afecta no relativo a síntomas e dor, a máis frío máis ríxido estará o óso. Pola contra, os doente con artrose non o senten tanto, pero fíate deles se che din “vai haber un cambio de temperatura” ou “mañá vai chover” porque son os primeiros en notalo.

Con todo, como dixemos, tamén existen puntos en común como a dor ou o feito de que ningunha teña unha cura como tal. Os tratamentos que se aplican pretenden frear a enfermidade, minimizar a dor e mellorar a calidade de vida. Poden ser moi variados, dende realizar exercicio moderado ou dieta equilibrada, ata fármacos ou unha cirurxía.

Non xogues, coas baixadas de temperatura cómpre que te coides aínda un pouco máis. Anticípate ás posibles dores articulares cunha boa alimentación e tenta moverte. En García e Lestón temos as ferramentas para examinar e combater calquera dificultade que teñas para non poñer en xogo a túa calidade de vida. Contáctanos!

O diagnóstico como etiqueta: perigos e limitacións

A Real Academia Española define os prexuízos como: “opinión previa e tenaz, normalmente desfavorable, sobre algo pouco coñecido“. Así e todo, temos que recoñecer que todos fomentamos nalgún momento o dito de “cría a fama e bótate a durmir” engadíndolle, de xeito erróneo, etiquetas a todo o que nos rodea: “Marcos, o frío”, “aplicación lenta”, “a prexudicial rede social ”… Afortunadamente, todo ten a capacidade de evolucionar e deixar atrás estigmas que impiden o progreso ou o crecemento, algo do que en García e Lestón Fisioterapeutas somos plenamente conscientes.

En relación coa saúde mental, a cultura na que vivimos ten grandes prexuízos asociados a ela, ata o punto de convertela nun tema tabú. Por que non acudir a un psicólogo se o vexo necesario? Son violentas as persoas que van ao psicólogo? Ou é só porque están tristes? Este tipo de preguntas, máis comúns do que nos gustaría, conducen a esta estigmatización e hai que combatelas con información. Verías con vergoña ou culpa ir ao oculista se creo que non vexo como debería? Rotundamente non.

Por todo isto, queremos falar un pouco sobre a imposición de etiquetas sobre factores relacionados coa saúde mental, máis concretamente, co seu diagnóstico.

Todo profesional da saúde realiza entrevistas, probas ou avaliacións para chegar a un diagnóstico que categorice o estado das persoas. É bo poñer esta etiqueta? No caso da saúde mental, hai moitos máis perigos e limitacións que os beneficios ou aspectos positivos que trae.

Dende o punto de vista da persoa, algúns termos técnicos poden impresionarnos e desinformarnos, polo que a mellor estratexia sería mostrar empatía e propor solucións.

Nese senso, non podemos esquecer que a imposición de etiquetas pode levar a un efecto Pigmalión, especialmente nos máis novos. Cando alguén nos “marca”, establece o que espera de nós e, dado que moitas das nosas accións dependen das expectativas dos que nos rodean, as nosas capacidades serán limitadas.

Dende o punto de vista profesional, debemos centrarnos en cal será a mellor forma de traballar. Se non se establecen etiquetas, a terapia será máis flexible e adaptarase ás necesidades dos pacientes en cada momento.

Non obstante, lembra sempre esa máxima de “unha mente sa nun corpo san”: na nosa área de Psicoloxía do Centro Integral de Saúde e Benestar García e Lestón queremos axudarche a cumprilo escoitándote, entendéndote, axudándoche a avanzar e deixar atrás as etiquetas.

Cómo elegir a tu entrenador personal: acierto seguro

Seguro que más de una vez te has preguntado qué criterios deberías tener en cuenta para elegir un entrenador personal. Pues presta atención, hoy saldremos de dudas.

Todos hemos escuchado hablar de la operación bikini, momento del año en el que nos preparamos para el verano. Ahora que estamos a escasas semanas de una Navidad que pinta, cuanto menos, diferente, te proponemos algo parecido: la operación mazapán. Hacer deporte es algo que muchos tenemos en mente para mantener un estilo de vida saludable. La intención siempre está, pero nunca encontramos el momento adecuado para dar el paso.

  • Debes de tener en cuenta la importancia de un buen entrenador con el que te sientas cómodo/a ya que, como sabes, mente sana cuerpo sano. Para que el hecho de no saber qué entrenador elegir sea una excusa para no empezar ahora mismo, te vamos a dar las claves para que busques el mejor preparador físico:
  • Busca a uno con una formación completa. Lo recomendable es que tenga competencias básicas de la ciencia del deporte y, además, conocimientos específicos del objetivo que te marques.
  • Cuantos más años de práctica, mejor. Por eso fíjate en su experiencia en el campo.
  • Tanto la ubicación como las instalaciones son primordiales, cuánto mejor te sientas en el lugar, más fácil será ir a él. ¿A quién nunca le ha dado pereza?
  • La conexión con el entrenador es de los puntos más importantes. Él tiene que entender tus necesidades y tus limitaciones, saber cuándo bajar el ritmo y cuándo apretar más.
  • En relación con le punto anterior, tenemos que hablar de motivación. Por un lado tenemos la motivación personal que nos marcamos nosotros mismos, y por otro lado la figura del entrenador motivador, que hace que la rutina de entrenamiento sea más llevadera.
  • Como sabemos, en la variedad está el gusto, el entrenamiento se debe adaptar a las necesidades del momento, para no tener así una sensación de repetición constante.

Así pues, no olvides buscar al profesional que más se adapte a estas características y empieza a cuidarte. En el Centro Integral de Salud y Bienestar García y Lestón contamos con los mejores profesionales de cada uno de los campos, por ello, nuestros preparadores físicos cumplen estos requisitos y, por lo tanto, harán que la vuelta o el comienzo de tu entrenamiento sea mucho más fácil. ¿Empezamos hoy la operación mazapán?