Entradas de]

Xaxún intermitente. É unha opción que debemos ter en conta?

Seguro que tes escoitado falar moitas veces do xaxún intermitente, ou mesmo coñeces a alguén que fixo uso deste hábito de alimentación na súa rutina diaria. Os beneficios que demostra o xaxún intermitente poden chegar a ser moi atractivos pero debemos valorar certos factores do mesmo para saber se podemos aplicar este xeito de alimentarnos […]

Nunca é tarde para unha vida activa. Adestramento nas persoas máis maiores

Saír a camiñar, nadar, montar en bicicleta… O exercicio é moi importante no coidado da nosa saúde, polo que non debemos deixar de prestarlle atención teñamos a idade que teñamos. Por iso, neste blog imos analizar os múltiples beneficios dunha vida activa nas persoas máis maiores. Realizar actividade física adquire un carácter moi importante cando […]

Lesións no inverno. Non deixes que o frío faga das súas

Poucas son as escusas que non nos permitan practicar deporte, incluso no inverno. Con todo, as condicións climáticas propias desta época do ano poden resultar perigosas para nós, posto que as baixas temperaturas afectan á contorna pola que nos movemos e tamén ao noso corpo. Non ser conscientes destes factores pode desencadear nunha mala situación […]

Alimentación e Nadal. Que o doce non che amargue estas datas

Para que negalo? O Nadal sempre foi sinónimo de grandes cantidades de comida e moito consumo de larpeirada como chocolates, polvoróns, turróns, mazapáns, o tan esperado roscón de Reis… Poderíamos pensar que esa é a alimentación que debemos seguir nesas datas por algunha norma non escrita, pero o certo é que o noso corpo non […]

Radiofrecuencia en fisioterapia: ademais de alta frecuencia, alta eficacia

Evolución, formación, vangarda tecnolóxica e, sobre todo, resultados. Se puidésemos definir de forma exacta o noso sistema de traballo no Centro Integral de García e Lestón eses serían, sen dúbida, os aspectos máis destacados. É por iso que, na nosa incansable intención de ofrecer aos nosos e nosas pacientes as mellores e máis innovadoras terapias […]

Alimentación e saúde mental. Máis relacionadas do que cres

É ben coñecido por todos e todas que a chave de ter unha boa saúde reside en poñer atención e coidado a moitos aspectos do noso día a día, pero cando pensamos na alimentación, relacionámola inmediatamente co benestar físico. Sabías que o benestar emocional e psicolóxico dialoga máis do que parece cos nosos hábitos alimentarios? […]